O martes 1 de abril, celebrarase, ás 19 h, no Salón do Libro de Pontevedra, un encontro VIP arredor de Sentinelas.
Andrés Castro e Alexandre Senande protagonizan este faladoiro sobre Sentinelas (Tomo I e II).
Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira.
As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos…
Faladoiro VIP aberto ao público xeral. Acceso libre ata completar a cabida.