Encontro de Banda Deseñada, na Feira do Libro de Santiago

Data e hora de comezo: 9, Maio 2025 / 19:30
Data e hora de remate: 9, Maio 2025 / 20:30
C.P.

O venres 9 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na Feira do Libro de Santiago de Compostela, no paseo central da Alameda, un encontro de Banda Deseñada con Paula Mayor, autora de Rosalía oculta, Premio Castelao de Banda Deseñada 2023; Alexandre Senande, ilustrador de Sentinelas no limiar das tebras; e Sandra Lodi, autora de Papóns, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado e Premio Follas Novas ao Libro Ilustrado 2024. Coordina a conversa Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email