O luns 16 de xuño celebrarase, ás 19:30 h, na sede de Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), o acto de entrega dos Premios da Crítica 2025, organizados pola Asociación Galega da Crítica (AGC).
Nesta edición, os galardóns recaeron en Fernando Castro Paredes, na modalidade de narrativa, por O lanzador de coitelos, Premio Galaxia 75 Anos, e en Lorena Souto, na modalidade de poesía, por Exuvia e saliva.
O encontro contará coas intervencións de Dolores Vilavedra, Marilar Aleixandre e Tensi Gesteira, que dedicarán un discurso ás persoas premiadas.
A actividade conta coa colaboración do Ateneo de Santiago.