Encontro: “As nosas letras premiadas”, no festival EnCamiño

Data e hora de comezo: 18, Xullo 2026 / 17:45
Data e hora de remate: 18, Xullo 2026 / 18:45
C.P.

O sábado 18 de xullo, celebrarase, ás 17:45 h, no festival EnCamiño, un encontro que leva por título: As nosas letras premiadas con Iria Collazo, Óscar M. Guzmán, Alba Guzmán Falcón e Gabriel Romero de Ávila.

Conversa literaria entre os gañadores de algúns dos máis relevantes certames literarios de Galicia arredor da súa importancia no sector editorial.

Modera Claudia Morán, xornalista.

Será nas Pistas do Rabazal, en Miño.

Comparte nas túas redes sociais ou por email