O venres 17 de xullo celebrarase, ás 19:30 h, no Festival EnCamiño, un encontro que leva por título: As letras interxeracionais con Fran Alonso, Alba Tomé, As humidades, finalista do Premio Illa Nova, Pablo Rañales e Lois Pérez.
Unha conversa, moderada por Claudia Morán, xornalista; que percorre as diferenzas, similitudes, inspiracións e xeitos de entender a creación literaria nas diferentes xeracións de escritores.
Será nas Pistas do Rabazal, en Miño.