O sábado 1 de marzo, celebrarase, en Ourense, unha actividade arredor de Pero... como morren as pegas?, de Óscar M. Guzmán, organizada polo clube de lectura da Universidade Laboral de Ourense.
Celebrarase un roteiro arredor de diferentes escenarios da novela, en Portugal e no Couto Misto.
Ao final do día, celebrarase, na Casa de Cultura do Concello de Baltar, a presentación da novela.
O autor, estará acompañado polo escritor Xosé Antón Jardón.