O xoves 3 de agosto, celebrarase, ás 19 h, na Feira do Libro da Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez unha mesa redonda que leva por título "Os premios literarios na configuración do canon poético". Participarán Ismael Ramos, Alba Cid e Miriam Ferradáns conversando coa editora e poeta Dores Tembrás. (Carpa 2).