Conversa entre Marilar Aleixandre e Laura Fernández, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 7, Marzo 2023 / 18:00
Data e hora de remate: 7, Marzo 2023 / 20:00
C.P.

O martes 7 de marzo, celebrarase, a partir das 18 h, no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, unha conversa, con Marilar Aleixandre e Laura Fernández, que leva por título Trasgresoras e exitosas. De malas mulleres a señoras que non son Santa Claus; organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

Estará coordinada polas escritoras Inma López Silva e Rexina Vega.

Inma López Silva coordinará un diálogo entre as escritoras Marilar Alexandre, Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres,  e Laura Fernández, crítica literaria e musical, xornalista e autora de seis novelas, entre elas La señora Potter no es exactamente Santa Claus (Literatura Random House, 2021).

Podes consultar o PROGRAMA.

Realiza a túa SOLICITUDE DE INSCRICIÓN. Prazas limitadas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email