O sábado 19 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, na Feira Cultural de EnCaMiño, unha conversa que leva por título "Crimes con sabor galego".
Conversa arredor da actualidade do xénero da novela negra e do thriller con algunhas das referencias desta narrativa en Galicia, como son os escritores Pedro Feijóo, Arantza Portabales e Óscar Reboiras.