O venres 7 de xaneiro, celebrarase, ás 17 h, na Biblioteca Municipal de San Pino, en Cospeito, unha conversa entre Helena Villar Janeiro, autora da obra De rosa antiga, e Xesús Rábade Paredes, autor de A luz co tempo dentro.
Serán moderados por Martiño Maseda.