O xoves 3 de xullo, celebrarase, ás 20 h, na Feira do Libro de Vigo, dentro do acto Conversas Follas Novas, un encontro con Sandra Lodi arredor de Papóns, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado e gañadora na categoría de Mellor Libro Ilustrado nos Premios Follas Novas.
Acompañando a autora, estará Tamara Nova, xornalista de A Movida.