O mércores 18 de xaneiro, celebrarase, no MARCO de Vigo, ás 20 h, unha conversa que leva por título: Cando Cunqueiro comezou a ser Cunqueiro, arredor do libro O mundo e outras vésperas, de Álvaro Cunqueiro, en edición de Armando Requeixo, organizada polo Club Faro de Vigo.
Acompañando o editor, estarán César Cunqueiro, fillo de Álvaro Cunqueiro, Malores Villanueva, editora e crítica literaria, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.