O mércores 25 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na tapería-restaurante O Cuco, en Gondomar, unha conversa que leva por título Avelino Cabezas e os seus irmáns.
Participarán Antón Seoane, autor do libro, e Manuel Forcadela, escritor e profesor da Universidade de Vigo.