O venres 21 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, unha conversa arredor de Literatura insólita, de Armando Requeixo, organizada polo Club Faro de Vigo.
Acompañando o autor, estarán Xosé Ramón Pena, escritor e xornalista; Luís Rei Núñez, escritor e xornalista; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.