O martes 16 de xuño, ás 18 h, celebrarase unha conversa arredor de Begoña Caamaño entre María Reimóndez, escritora e tradutora, e María Xesús Nogueira, investigadora do Instituto da Lingua Galega da USC.
O encontro terá lugar na sala de divulgación da entidade organizadora.
Para asistir é necesario cubrir o formulario de inscrición antes do martes 16 de xuño, ás 14 h. A capacidade da sala é limitada.