O xoves 30 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, no Salón de actos da Casa Galega da Cultura, na Fundación Penzol, en Vigo, unha conferencia que leva por título "Xaime Isla na Editorial Galaxia. Raíz e utopía dunha estratexia político-cultural", con Xosé L. Pastoriza Rozas.
Presenta Xavier Martínez Cobas, padroeiro das Fundacións Penzol e Isla Couto, coorganizadoras do acto.