Conferencia: “O Consello de Galiza, Goberno galego no exilio”, en Vigo

Data e hora de comezo: 22, Xaneiro 2025 / 19:30
Data e hora de remate: 22, Xaneiro 2025 / 20:30
C.P.

O mércores 22 de xaneiro, celebrarase, ás 19:30 h, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura, en Vigo, unha conferencia con Ramón Villares que leva por título O Consello de Galiza, Goberno galego no exilio.

Coincidindo co inicio das actividades do Ano Castelao, que conmemora o 75 aniversario da súa morte, ocorrida en Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1950, a Fundación Penzol organiza esta proposta.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email