O venres 24 de maio, celebrarase, ás 21 h, no Teatro Principal da Estrada, un concerto arredor de A música dos Valladares, de Pablo Bernárdez, ilustrado por Hortensia Fernández.
No acto, acompañando o autor e a ilustradora, estarán a banda musical, formada por músicos como Abe Rábade, Cibrán Seixo, Rubén Servide, Manuel Castedo, Marcos Saborido, Xián Herrera, Gumer Freire, Benxa Otero e Pablo Pardo; Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.