A Librería Bahía de Foz convida a unha nova sesión do ciclo «Contos e conversas», coa participación da xornalista e escritora Nerea Pallarés: o mércores 22 de xullo, ás 20:30 h, na libraría Bahía, en Foz.
A autora falará de Punto de araña, novela publicada por Editorial Galaxia, gañadora do Premio García Barros 2025 e do Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de narrativa.