O martes 4 de novembro, celebrarase, ás 17:30 h, na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, unha conversa que versará sobre a inspiración das lendas e a mitoloxía galega na ficción, nesta caso en "Sentinelas no limiar das tebras".
Levará o título de LENDAS E MITOLOXÍA NA FICCIÓN: A BANDA DESEÑADA "SENTINELAS", e conta coa participación de Andrés Castro e Alexandre Senande.
Organiza o "Equipo de Dinamización da Lingua Galega" e o "Departamento de Galego" da EOI de Pontevedra.