O xoves 5 de outubro, celebrarase, ás 17 h, na Feria del Libro LIBER (Ifema, Madrid), un acto de entrega arredor dos Premios Mellor Editados en 2022 a nivel nacional. Maxina ou a filla espuria, de Marcial Valladares, en edición de Xesús Domínguez Dono, será un dos libros destacados como merecente do terceiro premio na categoría de Facsímiles.
No acto, participará Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.