O venres 24 de febreiro, celebrarase, ás 12:30 h, no 2º piso do Marco, en Vigo, o acto de entrega do Premio Laxeiro 2023 a Xesús Alonso Montero.
No acto, acompañando ao catedrático, intervirá Abel Caballero, Presidente da Fundación Laxeiro.
Este galardón foi acordado polo padroado da Fundación Laxeiro en Reunión Anual Ordinaria, celebrada o pasado 30 de novembro, como “recoñecemento ao seu labor nos ámbitos da lingüística, a creación literaria, a edición e a docencia, e o seu compromiso coa cultura galega en xeral”.