O vindeiro 30 de maio, celebrarase, ás 10:30 h, no Salón de Actos do Pazo de San Roque, un acto conmemorativo con motivo do 110 aniversario do nacemento de Ramón Piñeiro.
No marco desta celebración, presentarase unha nova edición da súa obra Filosofía da saudade, preparada pola profesora Rocío Carolo, a partir dun texto que se reproduce por cortesía de Editorial Galaxia.
O evento contará coa participación de Xosé Soutullo, director de Editorial Galaxia.
A entrada é libre ata completar aforo.