O mércores 13 de marzo, celebrarase, ás 18:30 h, na Parroquia do Sagrado Corazón, en Vigo, un acto de presentación arredor da inauguración da exposición 55 anos da liturxia en galego. 1969-2024.
No acto, participarán Raquel Gómez Fuentes, conselleira de Editorial Galaxia e colaboradora da parroquia, como presentadora; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Francisco Domínguez, presidente de SEPT; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Xesús Carracedo, párroco do Sagrado Corazón; e Luis Quinteiro, Bispo diocesano de Tui-Vigo.