Presentación de “A avoa canta como a cotovía”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 25, Abril 2025 / 11:30
Data e hora de remate: 25, Abril 2025 / 12:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Avda. de Xoán XXIII, s/n
C.P. 15704
Santiago de Compostela

O venres 25 de abril, celebrarase, ás 11:30 h, na Biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela, a presentación de A avoa canta como a cotovía, de Celia Díaz Núñez, Accésit Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2024.

Acompañando a autora, estarán Isabel Gey, presidenta de AGADEA, Francisco Castro, escritor e presidente do xurado do Premio Simbad, María Coutiño, subdirectora da Secretaria Xeral da Lingua, e María Pereira Otero, directora de Merlín Comunicación.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email