Recital-concerto de presentación do libro DESPOIS DE TI, A CHUVIA

Categoría: Nova

Hoxe martes ás 20.30 horas presentaremos, cun concerto, no Teatro Principal de Ourense o novo libro-disco de Xosé Carlos Caneiro, 'Despois de ti, a chuvia' e no que o músico Emilio Rúa puxo a súa voz. No concerto de mañá actuará tamén José Gayoso, outro dos músicos implicados no proxecto.
Estamos diante dun impoñente proxecto lírico no que Caneiro se reivindica como poeta, tentando elaborar unha xeografía de palabras ao tempo que se dialoga coa música nun coidado exercicio estético que non vai deixar indiferente a ninguén polo arriscado da mesma.
Mañá teremos ocasión de comprobar, sobre o escenario do Principal, a forza desta proposta.

Comparte nas túas redes sociais ou por email