
- Este evento xa pasou.
Proxección de DUAS LETRAS de Eloy Varela con guión de Fina Casalderrey
14/01/2013| 20:00
O Ateneo de Pontevedra, en colaboración da Fundación Cuña-Casasbellas, convidan a todos os afeccionados de Pontevedra ao bo cine a unha xuntanza na sede da Fundación Cuña-Casasbellas (rúa de Xerardo Álvarez Limeses, 12) o luns 14 de xaneiro ás 20 horas.
Nesta xuntanza proxectarase a curta DUAS LETRAS de Eloy Varela con guión de Fina Casalderrey, merecedora de tres premios no Festival de Cans e un no Festival de Bueu.
A esta proxeccion asistirán a guionista Fina Casalderrey e o director Eloy Varela para charlar con todos os asistentes que así o desexen.