
- Este evento xa pasou.
Presentación do libro “Unha xustiza en diálogo co país. Conversas con Carlos Varela”, no Culturgal
28/11/2020| 16:00 - 17:00
Evento Navegación
O día 28 de novembro, entre as 16 h e as 17 h, celebrarase, dentro da programación do Culturgal, a presentación do libro Unha xustiza en diálogo co país. Conversas con Carlos Varela, de Ruth Novoa de Manuel. Será no ESPAZO FORO, na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Acompañando a autora, asistirán , Carlos Varela, ex fiscal xefe de Galicia, Francisco Castro, editor, Xosé Xoán Barreiro, presidente de Sección Segunda da Audiencia, Consuelo Castro avogada xeral do Estado, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.