
- Este evento xa pasou.
Presentación de “Sonoridade das auras. Poesía reunida”, na Estrada
15 Xuño | 20:30 - 21:30

O mércores 15 de xuño, celebrarase, ás 20:30 h, na Casa das Letras da Estrada, a presentación de Sonoridade das auras. Poesía reunida, de Manuel García Barros.
No acto, participarán os editores Xesús Domínguez Dono e Carlos Loureiro, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e Xosé C. López Campos, alcalde da Estrada.