Presentación en Madrid de O CASO MÁIS ESTRAÑO DO DETECTIVE MARSCHEN

Categoría: Nova

Este xoves, o profesor e escritor Xavier Frías Conde presentará na Tenda Aturuxo Galega de Madrid, acompañado do editor do libro Francisco Castro, o seu novo libro, publicado na Colección Árbore 12 anos, 'O caso máis estraño do detective Marschen', un libro que non conta unha historia, senón moitas historias. Algunhas fantásticas e outras non tanto.
Os lectores e lectoras poderán atopar relatos de fantasmas, de homes que se converten en bólas inzadas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos… cada historia é diferente, mais todas teñen un final sorprendente.
A demostración do pulo narrativo dun autor de nós que ten, coma neste libro queda claro, moito que contar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email