Presentación en Boiro de UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO

Categoría: Nova

A Asociación Cultural Barbantia organiza esta presentación do libro 'Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG. 1971-2009', de Xosé Ramón Quintana Garrido que foi merecente do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008.
Xunto co autor participan Xan Hermida, profesor do IES Número 1 de Ribeira; Dores Torrado, responsable comarcal do BNG; Jesús Lojo Alcalde, director da Galería Sargadelos no Barbanza; e Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email