
- Este evento xa pasou.
Presentación do libro “Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926 – 1967”, na Fundación Otero Pedrayo
26 Xuño | 12:00 - 13:00
O domingo 26 de xuño, celebrarase, ás 12 h, no auditorio da Casa Museo, na Fundación Otero Pedrayo de Ourense, a presentación de Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926 – 1967, de Ramón Otero Pedrayo e Sebastián Martínez Risco.
Intervirá o editor Xosé Ramón Freixeiro Mato.
O acto contará coa actuación musical do Grupo A Roda.