Presentación do GRIAL 195 na Coruña

Categoría: Nova

Este xoves presentarase na Coruña, na Fundación Barrié, o número 195 da revista GRIAL. No acto participarán Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Ana J. Varela, voceira da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, Fernando González Laxe, presidente da Asociación Bolseiros, Toni García, coordinador de Diálogos da Fundación Barrié, Javier López, director xeral da Fundación Barrié.

Nesta nova edición, a revista céntrase nas cidades entendidas coma os grandes centros históricos do desenvolvemento, a creación e o crecemento, o que leva a falar da organización do territorio, as concentracións urbanas e nacemento de megalópoles, e, en definitiva, a reflexionar sobre a calidade da vida humana.

Comparte nas túas redes sociais ou por email