Presentación de VERDE OLIVA, a nova novela de Xavier Alcalá

Categoría: Nova

Tati Mancebo, Vicente Araguas e Víctor F. Freixanes acompañarán a Xavier Alcalá na presentación da súa última novela, Verde oliva, a historia dunha axente secreta galega durante a revolución cubana.

A heroína de Verde oliva puido nacer en Cuba e criarse alí, desde sempre no ambiente que conduciría á rebelión contra Batista, mais, por cousa dos azares da vida, veu ao mundo nunha aldea da Mariña luguesa o 20 de xullo de 1936. Así e todo, aos catorce anos desembarcaba no porto da Habana. Co mester do narrador experto, Xavier Alcalá conta a historia desta loitadora pola liberdade que, educada nun mundo burgués, intervén na guerra secreta desenvolvida durante a revolución cubana.

Velaquí podedes ler as primeiras páxinas do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email