Presentación de UNHA ESTRATEXIA MARÍTIMA PARA GALICIA en Vigo

Categoría: Nova

Mañá martes presentarase en Bouzas, en Vigo, o libro titulado 'Unha estratexia marítima para Galicia', coordinado por Manuel M. Varela Lafuente e no que un grupo de expertos das tres universidades como o expresidente da
Xunta Fernando González Laxe ou o economista Albino Prada, entre moitos outros, deitan a súa visión sobre o papel e a importancia do mar e todo o que ten que ver con el na economía do noso país, pois é ben certo que no caso de Galicia non se pode entender a súa realidade económica desvencellada desa fonte de riqueza que é o mar e a explotación que dende os tempos máis remotos os galegos e galegas temos desenvolvido ao seu redor.
Mais agora o que compre é reflexionar sobre o futuro e as estratexias a seguir. Quen queira entender ese porvir e o papel que Galicia e o mar deben seguir xogando un ao redor e en relación co outro, debe achegarse por este texto fundamental.

Comparte nas túas redes sociais ou por email