Presentación de “Suso Vaamonde”, en Pontevedra

Data e hora de comezo: 25, Maio 2022 / 19:30
Data e hora de remate: 25, Maio 2022 / 20:30
C.P.
O mércores 25 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, no andar 0 do Edificio Castelao, no Museo de Pontevedra, a presentación de Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo, de Fernando Fernández Rego. Acompañando o autor, estará Antón Masa, presidente da Asociación Defensa da Ría de Pontevedra. O acto contará con momento musical a cargo de Tino Baz, que interpretará cancións en recordo de Suso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email