Presentación de “Sándalo” en Vigo

Categoría: Nova

O día 16 de xullo, ás 20:00 h, celebrarase, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, a presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro. Acompañando á escritora, asistirán a Presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia.
Aforo limitado para 50 persoas. O acto contará con estritas medidas de seguridade.
A nave de Sándalo percorre doucentos anos de historia entre Europa e América.

Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e Cuba.

Comparte nas túas redes sociais ou por email