
- Este evento xa pasou.
Presentación de "Shakespeare destilado" en Rianxo
30/01/2009| 20:30
A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Rianxo organizan esta presentación do libro gañador do Premio García Barros 2008, Shakespeare destilado, de Xesús Constela. No acto estarán presentes o autor; o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes; o presidente de Barbantia, Antón Riveiro Coello; e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida.
Previamente a este acto, ás 20:00 horas, realizarase unha ofrenda floral ante o busto de Castelao (Paseo da Ribeira).