Presentación de "Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro"

Categoría: Nova

O ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas foi prolífico en obras dedicadas ao filósofo de Láncara. Sen embargo, aínda quedan aspectos por descubrir, facetas por iluminar. Tal é o que nos aporta o libro 'Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro' de Xosé Manuel Dasilva.

No acto de presentación deste traballo estará acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, Miguel Barros, autor da primeira tese doutoral sobre Ramón Piñeiro, e Xesús Alonso Montero, autor do epílogo do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email