Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Presentación de “O rosario e a buguina”, en Rianxo

16 Outubro | 13:00 - 14:00

O sábado 16 de outubro, celebrarase, ás 13:00 h, na sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, a presentación de “O rosario e a buguina”, Premio Torrente Ballester 2020, de Xosé Ricardo Losada.

Acompañando o autor, estarán, o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto; o alcade de Rianxo, Adolfo Muíños; os escritores Antón Riveiro Coello e Xosé Manuel Lobato; e Malores Villanueva en representación da Editorial Galaxia.

O acto contará coa apertura e peche musical da pianista Nereida Pérez, da Escola de Música de Rianxo.

Para asistir é imprescindible reserva previa na páxina web do concello de Rianxo: concelloderianxo@gal.

Detalles

Data:
16 Outubro
Hora:
13:00 - 14:00

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR