Presentación de “O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936)”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 15, Setembro 2022 / 20:00
Data e hora de remate: 15, Setembro 2022 / 21:00
C.P.
O xoves 15 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), de Álvaro Cunqueiro, en edición de Armando Requeixo. Acompañando o editor, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, César Cunqueiro, fillo de Álvaro Cunqueiro, a profesora da USC e estudosa da obra de Cunqueiro, Arantxa Fuentes, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email