Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Presentación de “Movendo os marcos do patriarcado”, en Santiago de Compostela

9 Marzo | 19:00 - 20:30

Evento Navegación

post_02_martes09

O día 9 de marzo, ás 19:00 h, celebrarase, no marco das xornadas  Artellando Feminismo do Concello de Santiago de Compostela, a presentación do libro Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán, de María López Sández e Marilar Aleixandre.

Acompañando ás autoras, participará a escritora María Xosé Porteiro.

Neste encontro, as dúas autoras, estudosas durante anos da vida e obra de Emilia, reflexionarán en torno ao pensamento feminista da mesma. Ao longo do coloquio, descubrirannos como a autora galega precursora nas súas ideas acerca dos dereitos das mulleres , ao longo das súas numerosas publicacións e traballos, denunciou, non só discriminacións, maltrato, mullericidios (creando a palabra), senón tamén os alicerces ideolóxicos nos que se fundamentan, como por exemplo, a idea de que as mulleres son “propiedade” dos homes. Un interesante coloquio no que poderemos descubrir numerosas curiosidades entorno ao pensamento reivindicativo da recoñecida escritora.

Detalles

Data:
9 Marzo
Hora:
19:00 - 20:30
Categoría do Evento:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR