O xoves 23 de xuño, celebrarase, no Lugar das Marías de Xove, a presentación de Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres, de María Alonso Alonso, dentro do programa Solpor Literario.
Acompañando a autora, estarán, de xeito telemático as participantes do libro, María Golpe Varela, desde Dublín, e Ana González Chouciño, desde Tarragona.