Presentación de IN VINO VERITAS en Allariz

Categoría: Nova

Este venres e acompañado do profesor e músico Xabier Álvarez, o escritor Francisco Castro presentará a súa novela 'In vino veritas' na librería Aira das Letras ás 20 horas.
En palabras do autor, estamos diante dunha novela furiosa que nos conta a historia de Xulio Míguez, detective sen vocación que recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido e relacionado co ambiente do sadomasoquismo máis tétrico. Parodia de novela policial, a historia deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación e a parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida.
Un texto acedo no que o autor de 'Spam', co seu estilo característico, reflexiona sobre a realidade e as súas miserias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email