Presentación de HOTEL CIDADE SUR en Lugo

Categoría: Nova

Xerardo Quintiá presenta este seu último libro, 'Hotel Cidade Sur'. Estará acompañado por Arturo Ponte,de Galaxia, e Miguel-Anxo Murado, escritor.
Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email