Presentación de “Eu son Exeria”, en Pontevedra

Data e hora de comezo: 26, Abril 2022 / 20:00
Data e hora de remate: 26, Abril 2022 / 21:00
C.P.
O martes 26 de abril, celebrarase, ás 20 h, a presentación de Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV, de Marisa Vidal Collazo, ilustrado por Sole Pite Sanjurjo, na galería Nemonon de Pontevedra. Acompañando a autora e ilustradora, estarán Lorena Conde, escritora e directora teatral, e o pintor Antón Sobral. A actriz e vocalista Inés Salvado realizará un monólogo arredor da figura de Exeria, a partir de textos do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email