Presentación de “Eu son Exeria”, en Lugo

Data e hora de comezo: 27, Abril 2022 / 19:30
Data e hora de remate: 27, Abril 2022 / 20:30
C.P.
O mércores 27 de abril, ás 19:30 h, no Vello Cárcere de Lugo, celebrarase, a presentación de Eu son Exeria, de Marisa Vidal Collazo, ilustrado por Sole Pite Sanjurjo. Acompañando a autora e ilustradora, estarán Carlos Baliñas Pérez,  medievalista, profesor na Facultade de Humanidades de Lugo (USC), e Lorena Conde, escritora e directora teatral A actriz e vocalista Inés Salvado realizará un monólogo arredor da figura de Exeria, a partir de textos do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email