
- Este evento xa pasou.
Presentación de “En tempo de desconto”, en Betanzos
7 Xuño | 19:30 - 20:30

O martes 7 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de En tempo de desconto, de Xosé Ramón Pena, organizada pola Asociación Lar de Unta.
Acompañando o autor, estarán Chus Ansede (Lar de Unta), e Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia.
Todas e todos os que non poidan asistir de maneira presencial, poderán seguila de maneira telemática, en directo, a través do facebook da asociación.