Presentación de DÚAS LETRAS en Pontevedra

Categoría: Nova

Este xoves, a Asociación de Veciños do Burgo organiza a proxección da película e presentación do libro 'Dúas letras', de Eloy Varela e Fina Casalderrey.
Unha nova ocasión para achegarse a este filme que xa recibiu varios premios en festivais como o de Cine de Bueu, Primavera de Vigo e Cans onde recolleu o Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción, o Premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e o Premio do xurado á mellor interpretación feminina.
'Dúas letras' relata a triste historia da emigración onde nai e fillo vense obrigados a se comunicar por carta.

Comparte nas túas redes sociais ou por email