Presentación de “Cruzados polo camiño”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 16, Xuño 2022 / 18:30
Data e hora de remate: 16, Xuño 2022 / 19:30
C.P.
O xoves 16 de xuño, celebrarase, ás 18:30 h, no auditorio de Afundación de Santiago de Compostela, a entrega do Segundo Premio de Novela Camiño de Santiago, e a presentación da obra gañadora, "Cruzados polo camiño", de José G. Barral. Acompañando o autor, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email